Os Pasapalabra serán como os trens de palabras e as pistas. Ao primeiro tardamos en entender como convén facer para que se entenda sen conflitos.
Hai que darse conta de que o libro é moi extenso, infórmanos de moitos temas diversos e se facemos pasapalabras que non están claros, que dan lugar a confusión, gastaremos moito tempo en levantarvos e sentarvos, en falar e calar, en entendernos... En resumo, creamos un serio problema de comunicación: non se sabe cantos emisores hai, non se entenden as mensaxes, porque todos falan á vez querendo explicarse; o que fixo o pasapalabra, con tanto barallar, non se aclara e váisenos o pouco tempo que queda.
Así que non vos entusiasmedes querendo fastidiar para que non saiban resolver o pasapalabra porque faralo tan complicado que non o entenderás nin ti. É mellor que te esforces en expresar ben aquelo que queres dicir,sen enredos, nin dando un mitin: as palabras xustas e necesarias. Pensa que se a pista que nos das é confusa e ten moitas respostas, non é problema noso se non o resolvemos, é que a mensaxe non está ben expresada.
A medida que fagas pasapalabras descubrirás os segredos da linguaxe, que é esa capacidade que o ser humano ten e lle permite recibir e transmitir información. Sen esto, sen comunicación, estudar é imposible.
Alguén hoxe dixo un pasapalabra de "conservar". Eu pensaba en sardiñas enlatadas, ou produtos do supermercado,no comercio e na industria, pero non tiña nada que ver con eso. Era necesario expresar que se trataba de conservar espazos naturais protexidos.
Aprende a darlle importancia á información que realmente importa!
Agradecimentos aos que miran con detalle o que escribo e me avisan de que algo non vai ben.
o blogue da cokiña
recuncho e blogue do proxecto do corpo
o blogue da Magie
BLOGUE É A EXPRESIÓN CORRECTA EN GALEGO.
Mite:
ResponderEliminarNa última frase, non se escribe a exclamación ao principio en galego.
Eu tiven que deixar os trens de palabras, pois eran moi complicados,
ResponderEliminare comencei facendo outros máis fáciles .
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarÉ verdade, puxen Mite, perdón.
ResponderEliminarElimino o 1º comentario?
ResponderEliminarDi que si Manu.Mite.
ResponderEliminarNon sei como puden escribilo así.
ResponderEliminarMaite:
ResponderEliminarAcabo de mirar o diccionario galego-español e, seguundo el, non existe blogue.
Outro fallo máis:
ResponderEliminarNo penúltimo parágrafo, non se di agradecimientos, senón agradecementos.
Dous comentarios atrás, escribín dúas letras "U".
ResponderEliminar