jueves, 5 de junio de 2014

PASAPALABRA

Os Pasapalabra serán como os trens de palabras e as pistas. Ao primeiro tardamos en entender como convén facer para que se entenda sen conflitos.

 Hai que darse conta de que o libro é moi extenso, infórmanos de moitos temas diversos e se facemos pasapalabras que non están claros, que dan lugar a confusión, gastaremos moito tempo en levantarvos e sentarvos, en falar e calar, en entendernos... En resumo, creamos un serio problema de comunicación:  non se sabe cantos emisores hai, non se entenden as mensaxes, porque todos falan á vez querendo explicarse;  o que fixo o pasapalabra, con tanto barallar,  non se aclara e váisenos o pouco tempo que queda.

Así que non vos entusiasmedes querendo fastidiar para que non saiban resolver o pasapalabra porque faralo tan complicado que non o entenderás nin ti. É mellor que te esforces en expresar ben aquelo que queres dicir,sen enredos, nin dando un mitin: as palabras xustas e necesarias. Pensa que se a pista que nos das é confusa e ten moitas respostas, non é problema noso se non o resolvemos, é que a mensaxe non está ben expresada.

A medida que fagas pasapalabras descubrirás os segredos da linguaxe, que é esa capacidade que o ser humano ten e lle permite recibir e transmitir información. Sen esto, sen comunicación,  estudar é imposible.

Alguén hoxe dixo un pasapalabra de "conservar". Eu pensaba en sardiñas enlatadas, ou produtos do supermercado,no comercio e na industria,  pero non tiña nada que ver con eso. Era necesario expresar que se trataba de conservar espazos naturais protexidos.

 Aprende a darlle  importancia á información que realmente importa!

Agradecimentos aos que miran con detalle o que escribo e me avisan de que algo non vai ben.


o blogue da cokiña

recuncho e blogue do proxecto do corpo

o blogue da Magie

BLOGUE É A EXPRESIÓN CORRECTA EN GALEGO.

10 comentarios:

  1. Mite:
    Na última frase, non se escribe a exclamación ao principio en galego.

    ResponderEliminar
  2. Eu tiven que deixar os trens de palabras, pois eran moi complicados,
    e comencei facendo outros máis fáciles .

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Maite:
    Acabo de mirar o diccionario galego-español e, seguundo el, non existe blogue.

    ResponderEliminar
  5. Outro fallo máis:
    No penúltimo parágrafo, non se di agradecimientos, senón agradecementos.

    ResponderEliminar
  6. Dous comentarios atrás, escribín dúas letras "U".

    ResponderEliminar