BEN, RAPACES, ESTO ACÁBASE.
Temos que facer unha proba da terceira avaliación, temas 12, 13, 14, 15, 16. Os que na clase e na casa foron traballando, día a día, non deben ter medo ningún porque imos refrescar a memoria antes de coller o lapis para escribir as respostas. Os que teñen mala memoria, ou esperan ao día do exame para ter ganas de estudar, vano pasar mal, pero xa foron avisados moitas veces.
Logo daremos unha Volta Avaliadora ao Libro Completo nunha especie de Tour de France. Hai xente que acumula información dun xeito milagroso, a outros dáselle ben subirse ás árbores, correr en bicicleta ou xogar ca maquinita, cada quen ten as súas habilidades.
Nun santiamén acabouse este curso e dentro de nada estaremos disfrutando dunhas merecidísimas vacacións. Pero en medio están as notas. Aínda non están postas e todo pode pasar.Non tires a toalla antes de tempo, no sprint pode haber sorpresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario