CERTEZAS : SI ou NON
1º- Ser activos é unha característica dos seres vivos.
2º- Os seres vivos tamén se chaman organismos.
3º- As funcións vitais dos seres vivos son tres.
4º- Existen tres tipos de reproducción.
5º- As plantas e os animais fabrican o seu alimento.
6º- Os alimentos proporcionan enerxía a os organismos.
7º- Os estímulos son os cambios que os organismos perciben do entorno.
8º- Os estímulos que perciben as plantas son luz, temperatura, humidade.
9º- Os órganos dos sentidos participan na función de relación.
10º- As plantas responden máis rápido aos estímulos que os animais.
PISTAS
1º- Así son os seres activos e de organización complexa.
2º- Estas son as tres funcións vitais.
3º- Grazas a ela os seres vivos consiguen materia e enerxía que precisan.
4º- Elas fabrican o seu propio alimento.
5º- Teñen estes catro aparatos: dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.
6º- Reproducción que precisa de dous individuos de sexo diferente.
7º- Os seres vivos orixinan individuos novos semellantes grazas a ela.
8º- Grazas a ela os seres vivos son sensibles .
9º- Son os cambios que os seres vivos perciben.
10º- Tres estímulos que perciben as plantas.
PREGUNTAS DIRECTAS
1º- Que seres vivos buscan alimento en outros seres vivos?
2º- Qué seres vivos fabrican o seu propio alimento?
3º- Cales son as tres funcións vitais?
4º- Que función pode ser sexual ou asexual?
5º- Que catro aparatos teñen os animais para realizar a función de nutrición?
6º- Que tipo de reproducción precisa de dous individuos?
7º- En que seres vivos non existen sistemas especializados na función de relación?
8º- Que seres vivos responden dunha forma rápida a os estímulos?
9º- Que partes do corpo dos animais participan na función de relación?
10º- Que dúas características distinguen aos seres vivos?
OBSERVA , REFLEXIONA:
Cando vexas este video deberías darte conta de dúas funcións vitais que quedan á vista. Cales son?
Unha historia moi escondida... de que se trata?
No hay comentarios:
Publicar un comentario